viernes, 24 de abril de 2015

Xogos escolares: Xornada de Clausura de Xadrez

Hoxe venres 24 de abril entre ás 18:00 e ás 20:00 hora na Praza de María Pita, celebrarase a xornada de Clausura de Xadrez, e máis concretamente, levarase a cabo baixo os soportais do Concello.

Vaise disputar un Torneo de partidas rápidas, e á finalización deste, procederase á entrega dás medallas conmemorativas de participación nos Xogos Escolares 2014-2015, a todos os xogadores.

As rutas de autobús funcionarán exactamente igual, pero cambiando o destino a Praza de María Pita, en lugar do Palacio de Deportes.

Grazas a tod@s pola vosa participación.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario